Hola,
Inda que xa fai alguns meses das eleccions municipais, non por eso debo deixar de felicítar o Presidente do Concello pola sua nova reelección, dado que non tiven a oportunidade de facelo persoalmente.
Cando se repite e que non se fixeron mal as cousas. A comunidade do Concello decide se as cousas se fixeron ben ou non. Parabéns!!!
Este ano como sempre nas vacacions estivais e un bo momento para volver «as raices» e encontrarse ca familia, amigos, veciños e coñecidos que ano a ano nos encontramos na terraza dun bar ou a veira da barra para falar de todo un pouco.
Ben, o motivo principal de dirixirme a vostede ten o obxeto de comentarlle que onte como outros días con bo tempo e tempraniño e ideal para camiñar un anaco de tempo a veira do rio que tan fermoso e agradavel resulta. Pero debo comentarlle que me levei unha sorpresa desagradable o ver o deterioro do camiño que fai anos se fixo con bon criterio e de gran agrado para os veciños e non veciños que teñan a sorte de visitar tan fermoso paseo. O tramo que vai dende o Mazo ata a altura da Grova non se sabe ben donde empeza e acaba o ancho do camiño que se leva un calzado inadecuado mollará os pes debido a humedade que a herba contén inda niste tempo.
Sen dubida algunha debo supoñer que a ruta en sentido contrario, e decir do Mazo hacia Valverde encontrarase en situación parecida.
Por outra banda as pontes de madeira que cruzan o rio tamen requeren un mantemento pois algunhas tablas encontrase rotas e que sen dúbida algunha e sen que pase moito tempo ditas pontes quedaran arruinadas. Sería unha lastima.
Resumen: Sen animo de denuncia pero si de crítica construtiva, quixera que este correo non caera en saco roto se non que saque un anaco do presuposto municipal e o dedique a arranxar o dito o comentado.